| |
|
Berta Rivera é directora da FEGAS (Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria) e investigadora colaboradora do Centro de Investigación en Economía e Saúde da Universidade Pompeu Fabra (España). Doutorouse en Economía pola Universidade Pompeu Fabra. As súas principais áreas de investigación son a Economía da Saúde, o Desenvolvemento Económico e a Política Fiscal.
A súa tese de doutoramento recibiu un premio especial do Ministerio de Economía e publicou numerosos artigos en revistas científicas de relevancia, entre as que se inclúen World Development, Applied Economics, The Review of Development Economics e Applied Economic Letters. Tomou parte en diferentes proxectos de investigación relacionados coa saúde e promovidos por diferentes institucións, entre outras, o Ministerio de Saúde, a Generalitat de Cataluña e a Xunta de Galicia. |
|
|
|

A Coruña University |
Faculty of Economics |
Department of Applied Economics I |
s/n Campus Elviña
15071, La Coruña, Spain |
email: berta@udc.es

|
|
| |
|
| |
|